A CORUÑA

Oliver Laxe e a paisaxe

Imparte unha conferencia na Escola de Arquitectura da UDC. A palestra, Trascendendo a paisaxe, está programada para o vindeiro día 3 de decembro, terça-feira, ás 11.00 horas.
Oliver Laxe durante o obradoiro de onte en San Sadurniño
photo_camera Oliver Laxe durante o obradoiro de onte en San Sadurniño

O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura acollerá o vindeiro día 3 de decembro, terça-feira, ás 11:00 horas, a palestra do director de cine Oliver Laxe Trascendendo a paisaxe, organizada polo Grao en Paisaxe, primeiro grao interuniversitario en Galicia feito entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

Oliver Laxe (París, 1982) estréase na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio de la Crítica Internacional. Mimosas, o seu segundo filme, gaña o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e é estreado en salas españolas. En 2019, con O que arde, distribuída por Numax, gañou o Premio do Xurado da Sección Oficial – Un Certain Regard no Festival de Cannes, certificando un doble logro: proxectar por primeira vez un filme en galego en Cannes e convertirse no único cineasta na historia ser premiado polas súas tres primeiras obras. 

Comentarios