Olaia Maneiro, de Tanxugueiras, abandona as redes sociais polos 'haters'

A banda está a triunfar en todo o Estado español logo da súa participación no Festival de Benidorm, ficando ás portas da vitoria.
As Tanxugueiras, nun momento da súa actuación na primeira semifinal do Festival de Benidorm, cando quedaron ás portas da vitoria. (Foto: Rocío Cibes)
photo_camera As Tanxugueiras, nun momento da súa actuación na primeira semifinal do Festival de Benidorm, cando quedaron ás portas da vitoria. (Foto: Rocío Cibes)

A percusionista pandeireteira, vocalista e compositora de Tanxugueiras Olaia Maneiro eliminou as súas redes sociais ante as mensaxes dos 'haters' nun dos momentos chave da súa carreira profesional xunto ao resto das integrantes do grupo.

As Tanxugueiras irromperon con éxito no panorama musical e que triunfou entre público no Festival de Benidorm en que se seleccionou a canción que representaba o Estado español en Eurovisión.

Maneiro borrou hai varias semanas as súas redes sociais, como confirmou a súa parella, o tamén artista musical Jásper —do grupo Nao—, quen lle dedicou unha mensaxe no seu perfil de Instagram con motivo do aniversario da pandeireteira, da que enxalzou o seu "momento artístico e laboral moi bo".

"Empreguemos as redes sociais desde o afecto e non desde o odio", subliñou Jásper

"Pero como a maioría entenderedes tamén con moito agobio, moitas horas e moita exposición pública. Cansa de tanto hate [odio] hai unhas semanas borrou as súas redes", engadiu.

"Empreguemos as redes sociais desde o afecto e non desde a crítica e o odio. Fagamos que sexan espazos de encontro e aprendizaxe mutua, tezamos unha rede de apoio, non de caza e pesca", reflexionou o músico.

Jásper deixou esta mensaxe aberta a comentarios para que quen quixesen felicitar á artista galega puidesen facelo. Entre os usuarios, destacan mensaxes de felicitación e recoñecemento, así como de ánimos fronte aos haters.

Comentarios