Do individual ao colectivo

No oco da perda é onde nacen as hedras

Hai case un ano, Ana Varela gañaba o premio López Abente de Poesía por Onde nacen as hedras. Editada recentemente por Xerais, a autora desvela a Nós Diario as claves da obra.
A poeta Ana Varela
photo_camera A poeta Ana Varela

Onde nacen as hedras, de Ana Varela, é un poemario agroma do proceso de perda e abandono, desa "falsa seguridade que nos dan os rituais", conta a Nós Diario a autora. Retratando esa ausencia desde varias ópticas, a obra oferece ao tempo unha lectura individual que pode ser extrapolada ao colectivo.

Onde-nacen-as-hedras"Gosto de traballar desde unha estrutura, mais tamén é certo que despois os propios textos te levan a explorar máis un determinado tema", afirma. Neste meditado traballo de construción, o libro fica atravesado pola premonición dos sinais previos, visibéis ou non, até constituír a propia escrita como un oráculo, desde o lugar que ten pleno coñecemento do que vai acontecer. A partir de aí, ábrese a fenda e aparece ese oco onde nacen as hedras.

O texto é resultado dun contexto concreto do que tamén procura deixar constancia, atendendo especialmente á transformación do mundo tradicional e urbano, que bebe da residencia da autora na comarca de Ferrolterra.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios