O vindeiro día 20 a Academia galega escollerá o seu presidente

Após a demisión de Ferrín e a presentación de dúas candidaturas que encabezan respectivamente Xesús Alonso Montero e Manuel González, @s numerari@s votarán o novo presidente da RAG en dúas semanas.

Xa hai data e será o vindeiro sábado día 20. Restan quince días para que a Academia Galega escolla o seu novo presidente. Neste senso, @s 27 membros da institución deberán determinar cal das dúas candidaturas que concorren á elección será finalmente da que saia a dirección da RAG. 

Xesús Alonso Montero --acompañado pola directora do ILG Rosario Álvarez-- ou o filólogo e até o de agora tesoureiro da Academia, Manuel González son as persoas que optarán á presidencia da rúa Tabernas. A votación desenvolververase a través dun proceso segredo e directo sendo precisos 14 apoios para conseguir ser eleito en primeira rolda. Do contrario, procederase a unha segunda votación en que a candidatura que obteña máis votos a favor que en contra pasará a ocupar o liderado da institución. 

Aínda que o prazo de presentación das candidaturas non rematou, todo apunta a que a puxa se librará entre os candidatos actuais. 

Comentarios