O verán xa ten calendario de festivais

O veran non dá chegado mais os festivais xa están aquí. Arredor de trinta citas con música ao ar libre son as que anuncia a recén creada Federación Galega de Festivais no calendario máis festeiro dos próximos meses. 

Antrospinos na pasada edición.
photo_camera Antrospinos na pasada edición.

O Revenidas de Vilaxóan ameaza un verán cheo de música e convívio a través de todo o territorio. A Federación Galega de Festivais compuxo un calendario no que hai oferta para todos os gustos, desde rock a folk pasando pola máis variada aposta de sons ao ar libre. Antrospinos en Taragoña o 26 e 27 de xullo, Castelo Rock de Muros inaugurando agosto, o Rebumbio de Mos, o Festival da Poesía de Salvaterra, o Festival das Brétemas de Ponteareas, ou o Castañazo Rock xa rematado o verán son algunhas das propostas agrupadas na Federación Galega de Festivais que agrupa ás organizacións que artellan eventos musicais sen ánimo de lucro. O portal GZMúsica ofrécenos o calendario completo. 

Comentarios