O reino da nova Galiza, por Xoán Costa

Foi en xaneiro de 1531 que se criou o Reino da Nova Galiza, un reino que nace cara ao mar e que se estende sobre 250.000 km2 nos actuais territorios de Jalisco ...
Sen titulo
photo_camera (Mapa de Nova Galiza en 1550)

Foi o segundo dos reinos indianos que gozaban de certa autonomía de goberno.

Naceu cando a raíña Isabel de Portugal, esposa de Carlos V e que gobernaba por ausencia do Emperador a que por Real Cédula dada en Ocaña o 25 de xaneiro de 1531, deu orde para que se nomease o territorio conquistado como "Reino de la Nueva Galicia" e se fundase unha cidade co nome de Compostela onde estaría a capital. A cidade, fundada co nome de  "Santiago de Galicia de Compostela" forma parte hoxe do estado de Nayarit e ten menos de 20.000 habitantes.

Algúns anos máis tarde a capital pasou a Guadalajara e Compostela quedou en segundo plano.

A conquista de Nova Galiza levou consigo un período de violencia estrema; case toda a poboación indíxena foi eliminada  e progresivamente substituída por continxentes externos, non  só españois mais tamén mexicanos, tlaxcaltecas, tarascos.

Desde 1821 o reino da nova Galiza xa non existe. México é unha república. Oficialmente fálase, para se referir a aqueles territorios, de “occidente de México” igual que aquí escoitamos falar cada vez máis de “el noroeste de España”.

O centralismo nunca muda a súa face.

Comentarios