Os efectos da mina na saúde
Touro
Local social de Loxo
Sexta feira
20h
A charla informativa centrarase nos efectos nocivos que presenta o sector mineiro para a poboación, a cargo de especialistas de ADEGA.
Punto e Volta
Cerceda
Auditorio
Sexta feira
21h
Presentación e encerramento do proxecto Punto e Volta coa música e cos contos de Richi Casás e das Pandereteiras das Encrobas.
O Poder do Arcabuz
A Coruña
Teatro Colón
Sábado e domingo.
Últimas datas! Despídese após este musical de grande éxito que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar na Galiza na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza en gran formato, con case un cento de artistas no escenario. A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas do país.
A Banda da Loba
Vilar de Santos
A arca da Noe
Sábado.
22h
A banda da loba continúa a súa xira con este concerto presentación do seu disco “Bailando as Rúas”, un álbum que bebe do rock, do pop, do folk...
XI Festival das Minas
A Pontenova
Praza dos Fornos
Sábado.
20.00h
Con catro bandas musicais: Luar na Lubre coa presentación do seu novo álbum; o grupo de folk da asociación A leña verde de Pol; Los Claretes e Los Limones.
Gala Ano do Patrimonio
Cangas
Auditorio Municipal de Cangas
Sábado.
20.00h
A gala será presentada pola actriz Isabel Risco e contará coa Coral Polifónica de Bueu, Xurxo Souto, Pelepau, Regueifeir@s, Teatro de Ningures, Budiño ou Mercedes Peón, entre outros.
Cancións para crianzas
Carballo
Auditorio do pazo da Cultura
Domingo
18.00h
Concerto infantil da fadista María do Ceo con poemas musicados e cancións sobre a igualdade, a solidariedade, as linguas, a diversidade ou os animais.
CultRural
Santiago de Compostela
Até o 19 de decembro.
Diversos espazos
O mundo rural sitúase na vangarda e acolle un extenso programa con conferencias, exposicións, gastronomía, cinema e literatura. Nos días 15, 16 e 17 terán lugar as Xornadas da Cabra, onde diferentes restaurantes acollen menús con carne de cabra de principal. E durante os días 18 e 19 será o visionado das cintas gañadoras no IV FICRural de Galiza.