O Museo do Barrio de Nova York nomea conservadora xefa á galega Chus Martínez

A galega Chus Martínez ven de ser nomeada como conservadora xefa do Museo do Barrio de Harlem en Nova Iorque. Martínez, nacida en Ponteceso, chega ao centro neoiorquino despois de pasar polo Documenta de Kassel e o Macba, nas últimas paradas da súa traxectoria internacional.

 

Chus Martínez
photo_camera Chus Martínez

A incorporación de Chus Martínez ao Museo do Barrio realizarase nos próximos meses, despois de que poñer o ramo ao seu traballo como directora-xefa na Documenta de Kassel. O cargo que asumirá agora no centro neoiorquino é o mesmo que Martínez desempeñou no Museu d´Art Contemporani de Barcelona, centro no que traballou ate se incorporar á mostra de Kassel.

Cunha xa longa e prestixiosa tarefa que fan de Chus Martínez un dos nomes máis respetados na xestión de arte a nivel internacional, a súa carreira despegou ao se facer cargo da Sala Rekalde de Bilbao, antes de gañar un concurso internacional que a convertiría no 2005 en directora do Frankfurter Kunstverein. Con anterioridade xa desenvolvera o papel de comisaria no Espai Montcada da Fundación La Caixa en Barcelona.

A relación coa xestión artística na Galiza tivo especial relevo como asesora en diversos proxectos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) baixo a dirección de Manuel Olveira.

O Museo do Barrio no Harlem foi fundado en 1969 e ten no seu obxectivo a difusión e promoción da arte do Caribe, en especial a de Portorrico. Na comunicación institucional do centro lembran que Martínez foi “recentemetne nominada no posto corenat e cinco da lista dos 100 personaxes máis influíntes do mundo da arte que publica Art Review e antes, en 2010, cando a Revista Flash Art, incluiuna na súa lista dos 101 comisarios máis influíntes do mundo”. 

Comentarios