O gasto cultural sofre o maior descenso desde a crise

Non hai felicidade que cen anos dure. Despois do balance positivo en vendas e público do Culturgal que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra, as industrias culturais reciben a mala nova do 7,9% de descenso do gasto cultural entre 2010 e 2011, segundo destaca Observatorio Galego da Cultura o informe do Instituto Nacional de Estadística.

Desde 2008, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, o consumo galego en cultura desdendeu en 80 millóns de euros, situándose en 722 millóns. Os datos non dan para o optimismo e, vistos con outras referencias, supoñen que en cada fogar investiron 62 euros menos en cultura, o que supón un gasto de 22 menos por persoa. O Observatorio da Cultura Galega traballou cos datos do Ministerio para concluír que estamos diante da maior baixada desde o inicio da crise económica.

En porcentaxe, o descenso desde 2010 a 2011 pon ás industrias culturais diante dunha baixada no gasto dun 7,9 %, o que dá unha disminución acumulada de 11,5%.

Os soportes para o rexistro de imaxe son e datos cun 34,68% máis as publicacións periódicas cun 19,50 son as que máis acusan o desceenso fronte á cara oposta da moeda que atopamos no “Tratamento da información e internet”, único concepto que experimenta unha suba, a correspondente ao 2,57%.

De todas maneiras, o Consello da Cultura sinala que non é o de cultura o sector que ve máis reducidos os seus gastos xa que educación, menaxe, a paga das crianzas e os vehículos sofren aínda unha rebaixa maior.

Comentarios