“Costa da Morte” de Lois Patiño entra en concurso no Festival de Locarno

“Costa da Morte”, do director de cine Lois Patiño foi seleccionada para a 66 edición do Festival Internacional de Cinema de Locarno. Competirá na sección “Cineastas do Presente”. 

Lois Patiño
photo_camera Lois Patiño

O filme de Lois Patiño entra en concurso no Festival Internacional de Cinema de Locarno que terá lugar do 7 ao 17 de agosto.  “Costa da Morte”, a primeira longametraxe do director galego, competirá na sección “Cineastas do Presente” nesta 66 edición do prestixioso festival. 

O pasado ano, Locarno acolleu a estrea de Arraianos de Eloy Enciso, un dos filmes galegos que máis recoñecemento ten tido nos últimos anos.

Dirixida por Lois Patiño, o filme retrata a vida da Costa da Morte a través das persoas que habitan esta comarca que foi considerada o fin do mundo. Mar, vento, pedra ou lume teñen especial protagonismo neste filme que se adentra na paisaxe tocada pola voz humana. 

Nacido en Vigo, Lois Patiño é autor tamén de curtas como Paisaje-Duración, Paisaje-distancia, Na vibración, Esliva ou a máis recente Montaña en Sombra. Trátase dun dos nomes máis relevantes do que se deu a coñecer como novo cinema galego e a súa obra foi presentada en festivais internacionais como o BAFICI, Oberhausen ou Vila do Conde ademais de centros como o Reina Sofía, Georges Pompidou ou CGAC. 

Comentarios