O BNG cualifica de “aldraxe” a escolla da Marta Rivera para homenaxear a Rosalía

Como “aldraxe” á memoria de Rosalía e ao conxunto de escritoras e escritores” califica a deputada nacionalista, Ana Pontón que unha escritora en español, belixerante contra o galego e afín ás teses de Galicia Bilingüe sexa a escollida pola Xunta de Galiza para homenaxear a Rosalía de Castro polo Día Internacional das Mulleres.
Ana Pontón
photo_camera Ana Pontón

O BNG, a través da súa deputada Ana Pontón pregunta ao PP no parlamento polos criterios empregados para escoller á escritora Marta Rivera de la Cruz para homenaxear a Rosalía de Castro no 8 de marzo.

A Xunta de Galiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade decidiu conmemorar o 8 de marzo cun acto institucional de homenaxe a Rosalía de Castro, cando se cumpren os 150 anos da publicación de Cantares gallegos, escollendo a unha escritora destacada pola súa obra en español e as súas opinións en contra do idioma galego


“A Xunta segue na senda de silenciar a transcendencia da figura de Rosalía na súa loita feminista e dos dereitos da lingua galega” sinala a deputada que preguntará por que non foi convidada ao acto ningunha representante da literatura galega. Pola contra, denuncia o feito de contaren unicamente cunha escritora “coñecida por apoiar as mobilizacións convocadas por Galicia Bilingüe e defender a superioridade xurídica e social do español fronte o idioma galego”.

Para Pontón, resulta “unha burla” ue a Xunta teña como protagonista a unha “escritora que representa todo o contrario de aquilo polo que loitou a grande escritora galega”, que tiña entre a súa condición a de defensoa dos dereitos nacionais galegos e das mulleres. .

Comentarios