O Álbum de Mulleres recupera a figura de Irene, pioneira no fútbol

De Irene descoñécense os apelidos. O autor da biografía recollida no Álbum de Mulleres recupera a súa figura como “auténtica pioneira no mundo do fútbol” xa que, segundo afirma, non hai datos “en todo o mundo” que falen doutra muller que teña comezado antes  nun deporte especialmente masculinizado. 

Irene, pioneira do fútbol
photo_camera Irene, pioneira do fútbol

De Irene descoñécense os apelidos. O autor da biografía recollida no Álbum de Mulleres recupera a súa figura como “auténtica pioneira no mundo do fútbol” xa que, segundo afirma, non hai datos “en todo o mundo” que falen doutra muller que teña comezado antes  nun deporte especialmente masculinizado. 

O seu posto no campo era gardameta nun equipo da Coruña que levaba o nome da xogadora, Irene C.F. Poucos son os datos que se gardan dela mais sábese que tiña a manía de colocar un boneco adubiado como futbolista no fondo da portería para que lle dese sorte e tense tamén coñecemento tamén de que o seu xeito no campo era de moita actividade, con continuos movementos e berros para organizar á defensa. 

Campos cheos

Carlos Freire, autor da biografía, fai un trazado da súa traxectoria deportiva. “Primeiro xogou no Orillamar, sempre entre homes, nos campos da Estrada e Fortaleza, na esquerda da parte alta de Santa Margarida, na cidade da Coruña. Chegou a ser moi popular e todos a respectaban; os rivais e compañeiros tratábana de igual a igual. Logo formaría o seu propio equipo, o Irene F.C., co que ás veces saía de excursión pola provincia.” sinala para destacar que cando Irene xogaba, non quedaban baleiros no campo xa que a xente acudía aos partidos para vela xogar. A súa indumentaria no partido estaba composta, como sabe Carlos Freire, de viseira, xersei branco de colo volto, faldra-pantalón negra e protectores nos xeonllos. 

Na ficha do Álbum, Carlos Freire recolle a carta de escrita por un afeccionado para pedir axuda para Irene cando en 1928 contrae unha tuberculose que a levaría á morte. Recupera tamén un dos clásicos apropósitos coruñeses para dar conta da popularidade da xogadora: “Mamá, futbolista quero ser, /para xogar como Irene,/que xoga moi ben”. 

Comentarios