Teatro portugués en Rianxo

O aeroporto que nunca foi

A idea de construír un aeroporto en Rianxo vense abaixo cando un político de Lisboa argumenta que a localización se atopa no medio dunha ruta de aves migratorias. Concretamente de rulas turcas. Todo parte dun malentendido na máis pequena comunidade portuguesa, asentada na localidade arousá.

Rianxo
photo_camera Cartaz da obra de Teatro de Balugas.

Eis a sinopse de Abaixo o aeroporto en Rianxo, unha comedia do grupo Teatro de Balugas de Barcelos que se representará este sábado, 10 de marzo, no Auditorio de Rianxo. Organizada polo veterano Grupo de Teatro Airiños, a función é resultado dun intercambio. Airiños visitou Barcelos en decembro.

Baixo a dirección de Cândido Sobreiro, Abaixo o aeroporto de Rianxo “é unha comédia ja clásica, ensaiada novamente e específicamente para subir ao cenário em Rianxo”.

foto-promocional-300x147

Fundado en 2007, o Teatro de Balugas “inspira-se na cultura popular do Minho. É teatro feito na aldeia, acreditando que este trabalho comunitário manterá viva a identidade desta, em quanto espaço de criação, numa luta contra o desaparecimento do mundo rural".

Nota: escena de Abaixo o aeroporto de Rianxo.

Comentarios