mércores 28/10/20
CRÍTICA DE ARTE

Nunha Fábrica: Ilustracións en papel Kraft

A Fábrica do trece traballa dende diferentes ángulos co mundo da arte, e xa dende que abriu as súas portas o pasado Xuño fai tamén de galería.

arte3


A Fábrica do Trece, Rúa División Azul (A Coruña)
Nuria Prieto "These drawings were stolen from A.D. Wintle"  (Ilustración)
Datas: prolongada dende Xaneiro- (indefinida) Horario: 10:30- 1:30, 4:00 - 8:30

Amosar obra non é sempre doado, mais este lugar, entre familiar e industrial acolle todo tipo de arte con éxito, para comezar polas súas características como espazo e para continuar polo seu ánimo de misturar contidos. 

Agora podemos achegarnos á contemplar a obra no campo da Ilustración de Nuria Prieto (Ponferrada, 1985). Quero facer inciso no termo “campo” xa que a artista provén do mundo da Arquitetura e móvese tamén entre estudios, conferencias e publicacións.

Neste traballo Nuria presenta temas da cultura popular máis nova cun imaxinario que vai dende películas de culto ata ás actrices máis afamadas. A artista engadiu algúnhas verbas aos debuxos, sempre cun toque irónico, facendo líneas con tinta e tiza branca sobre os aspectos que máis gostan os adolescentes.  

A técnica é curiosa cando menos, xa que o soporte é moi fino e  deixa pouca marxe ao erro. Sen trampa nin cartón, poderíase dicir. A maioría sen vidro por diante para protexelos…quero expresar: son debuxos sinceros e sinxelos, con trazos firmes a pesares de semellar tratar temas moi complicados ás veces, como destila algún: a Identidade na pubertade. Dende as rapazas co sorriso preparado exproceso para ficar na foto, o peiteado inmóbil, as parellas que precisan bicar longo tempo (que é  basorexia?)  

Seica a autora quixo facer visible estes aspeitos da imaxe no Internet, as miles de rapazas en Instagram, sempre pendentes de dar unha imaxe axeitada e acorde ao que queren pensar delas, e tamén a ficción que vese en moitas historias de cine.

Esta posible mistura de conceptos fai de "These drawings were stolen from A.D. Wintle" unha exposición moi recomendable para visitar con rapaces e rapazas no período adolescente. Que a maiores de gostar dos debuxos coma todos os visitantes, poden sentirse máis perto deles. Quizais serán as próximas fotos perfil dalgún. O crédito, de Nuria Prieto.  Unha  artista que demostra saber levar ben a multidisciplinariedade dende os seus inicios e desfrutar co que fai, resulta nun bo tándem coa Fábrica do Trece, tamén un espazo 100% multidisciplinar. 

comentarios