Presentación en Ferrol

Número 2 da revista de estudos rosalianos

O segundo número de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos vén de saír á rúa. No serán desta cuarta feira preséntase en Ferrol. Será ás oito do serán no edificio do antigo Hospicio.
 

Graffiti de Rosalía
photo_camera Graffiti de Rosalía de Castro.

No acto participará o académico e director da revista Xosé Luís Axeitos, a profesora e escritora Pilar García Negro, o ensaísta Francisco Rodríguez e mais o escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira. Ademais, haberá un recital con voz, acordeón e percusión.

No índice de Follas Novas 2 figuran traballos de Manuel Ferreiro -Amizade, conexión epistolar e redes societarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)-, do propio Francisco Rodríguez -Avances nos estudos rosalianos: silencios e reticencias- do poeta Manuel Forcadela -O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía-, de Xoán Costa -Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe- ou do director da publicación sobre o cronista de Padrón, Manuel Barros.

Corrección: na versión inicial desta noticia atribuíase erroneamente a Francisco Rodríguez o traballo da autoría de Xoán Costa "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe".

Comentarios