Novo vídeo de punk celta dos Falperrys

Co Himno Dorneiro, Falperrys abren tamén o período de procura de micromecenado para o seu novo traballo.

A única gravación de Falperrys data xa de 2011. Aquel EP de sete aguerridas cancións de punk celta abriu paso un prolongado período de silencio discográfico. Agora a banda viguesa anuncia o rexistro dun disco longo, en formato cedé e vinilo, coa publicación dun vídeo da canción Himno Dorneiro.

A peza, con letra orixinal de Santi Páramo e música dos Diplomáticos de Monte Alto, foi rodada a bordo da dorna xeiteira Nova Marina no mar de Arousa. Co Himno Dorneiro, Falperrys abren tamén o período de procura de micromecenado para entrar en estudio e materializar “12 novas especies, para completar o quiñón cun bo puñado máis en formato acústico”.

Comentarios