Novo concurso de curtas dedicadas a Rosalía

A AS-PG vén de convocar a sexta edición do Certame 'Curtas para Rosalía' ao que se poden presentar filmes relacionados coa autora de Padrón.

curtas-rosalia

Segungo as bases do Certame, a temática das obras presentadas ha de ter relación con Rosalía ou con “calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral”. As fitas candidatas non han de exceder os 30 minutos e han de entregarse antes do 31 de marzo no local da AS-PG. 

Neste 2016 dedicado tamén a Manuel María e ás Irmandades da Fala, ademais do premio á mellor curta, haberá outras dúas categorías dedicadas unha delas ao escritor chairego e a outra ao colectivo que se fundou na Coruña en 1916. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categorías. 

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a finais de abril.  Os galardóns teñen cadansúa dotación de 1.000 euros e un diploma. 

Comentarios