O Novo Cinema Galego regresa a Bilbo

O BilbaoArte acolle por segundo ano consecutivo as Xornadas do Novo Cinema Galego que se desenvolverán da segunda feira día 9 á cuarta día 11. Coordinadas polo crítico e produtor Martin Pawley levará ao centro dependente do Concello de Bilbao algunhas das novas producións de cinema galego. 

Rodaxe de Arraianos
photo_camera Rodaxe de Arraianos

O BilbaoArte acolle por segundo ano consecutivo as Xornadas do Novo Cinema Galego que se desenvolverán da segunda feira día 9 á cuarta día 11. Coordinadas polo crítico e produtor Martin Pawley levará ao centro dependente do Concello de Bilbo algunhas das novas producións de cinema galego. 

Dependente da Área de Cultura do Concello de Bilbao, o centro BilbaoARte acolle desde os días 9 a 11 de xuño as “II Xornadas do Novo Cinema Galego”, tres días de proxeccións, intervencións dos protagonistas e debates que teñen como fin difundir as novas producións audiovisuais galegas ao público vasco. Coordinadas polo crítico e produtor Martim Pawley, o ciclo iniciarase a segunda feira día 9 coa presentación do “Proxecto Nimbos”, unha iniciativa do blog “Acto de Primavera” que comprometeu a máis de trinta dos novos nomes do cinema galego ao mundo audiovisual os poemas de Díaz Castro. A seguir, a proxección de “O quinto evanxeo de Gaspar Hauser” de Alberto Gracia pechará a primeira sesión dunhas xornadas que continuarán o día 1o coa proxección e presentación de “Une histoire seule”, a nova produción de Xurxo Chirro. A segunda sesión incluirá tamén no seu remate a presentación de “Arraianos” de José Manuel Sande para, entre un e outro filmes incluír unha mesa redonda sobre os II Encontros do Cinema Galego na que participarán José Manuel Sande, Carla Andrade e Martin Pawley. 

A premiada película de Luís Patiño, “Costa da Morte”, inaugurará a terceira e derradeira xornada coa presentación de Martín Pawley para, a continuar, contar coa intervención de Carla Andrade que fará un avance dos seus traballos antes da mesa redonda e o debate final arredor do momento que atravesa o Novo Cinema Galego. 

Comentarios