Novo Cinema Galego, 10 anos de etiqueta

A etiqueta de Novo Cinema Galego leva xa unha década en curso. Nos Diario aproveita para repasar a repercusión e a actualidade dun termo que, a modo de marca, serviu para construír unha comunidade e exportar o noso audiovisual, por primeira vez na vangarda.
Fotograma de 'Todos vós sodes capitáns'
photo_camera Fotograma de 'Todos vós sodes capitáns'

O Novo Cinema Galego roza a década coa entrada do 2020. A etiqueta viu a luz 2 de xaneiro de 2010 nun artigo que o crítico Martin Pawley escribiu para o Xornal de Galicia. A dez anos vista, o propio autor valóraa como "decisiva para normalizar o que estaba daquela xurdindo", a modo de "paraugas protector para sinalalo como colectivo".

Para a investigadora e produtora Beli Martínez o termo fai referencia a "un colectivo de xente que entende o cinema da mesma forma", o que vai máis alá da autoría individual e sinala directamente cara á "estrutura", é dicir, todo o que se agocha tras o filme en si, como os modos de produción, de difusión ou exhibición.

O Novo Cinema Galego constituíu unha anomalía que "por primeira vez, a cultura galega non chegaba tarde a algo", di Pawley. Da efervescencia inicial, este audiovisual de vangarda evolucionou cara a "un cinema máis maduro e accesíbel", en palabras de Xurxo González.

A heteroxeneidade da propia etiqueta condiciona a dificultade por "atopar unha sinxela continuidade" no movemento, segundo Jose Manuel Sande. O sector, que "nestes 10 anos foi o principal motor de posición da Galiza no mundo", segundo Pawley, continúa aínda na precariedade e inestabilidade por falta de apoio político.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios