mércores 15.07.2020

As novidades de Alvarellos Editora volven ás librarías

Xuño marca o regreso ás librarías das novidades editoriais que tiveron que suspenderse por mor do estado de alarma.

Henrique Alvarellos
Henrique Alvarellos

Alvarellos editora prepara o retorno con títulos pensados para todos os públicos. entre eles, dous novos contos do seu selo Verdemar, álbum ilustrados para primeiras lecturas: un deles, escrito polo editor Henrique Alvarellos e titulado A nena que abrazaba ás árbores, ilustrado por Xulia Nieto, e o segundo, un orixinal álbum de María Reimóndez, O meu avó e o queixo, ilustrado por Vanesa Álvarez.

Por outra banda, a terceira edición, actualizada e ampliada de A que altura está o ceo?, a obra divulgativa de Jorge Mira, Premio Ciencia en Acción en 2017.

Dous libros de poemas ilustrados tamén protagonizan a listaxe de novidades: Os exilios que somos, fotopoemas de Irene Tomé e Xabier Ron, e o Poema da Rúa das Aves, de Miguel Barrera, Premio de Poesía do Concello de Vilalba 2019.

Xunto a eles chega tamén a tradución ao inglés do Códice Calixtino en formato peto e o último libro de Lupe Gómez, Fosforescencias, Premio ao Mellor Libro Editado en Galiza en 2019. 

comentarios