CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Novas doses de viking folk

Os amantes do Viking Folk están de noraboa xa que viu a luz o novo traballo dos holandeses Heidevolk. 11 temas de puro Viking Folk e Pagan Metal. A banda continúa pola senda da mitoloxía e a tradición da súa terra, cun estilo moito claramente recoñecébel.

Vuur van Verzet (Lume de resistencia en neerlandés) foi o título elixido para un álbum que retrotrae á época en que o imperio romano comeza a caer e as tribos xermánicas álzanse para recuperar o seu poder e territorios. Neste contexto, Heidevolk cantan as tradicións, os deuses e á natureza. Todo isto envolto polo característico estilo da banda: os riffs volven a ser poderosos e rápidos e as voces,claras, firmes e salvaxes.

Cabe destacar o poderío vocal desta banda, que conta con dous vocalistas: Jacco (que sustitúe a o anterior cantante, Mark) e Lars, e que xuntos son capaces de empastar os temas levándoos a un nivel superior do que calquera outra banda do seu estilo pode facer. Sen esta dualidade vocal, estaríamos ante outra banda máis de Pagan Folk de calidade, pero sen destaque.

O primeiro sinxelo que adiantaron deste disco é Ontwaakt, canción coa que abre o cd, e que xa nos amosaba un continuísmo dos traballos anteriores pero sen moita novidade. Mais con A Wolf in My Heart, segundo corte do plástico, volven recuperar con forza o estilo e a calidade que lles deu a merecida fama nos seus primeiros traballos, volvendo brillar tanto o son como o espírito viquingo. Este espírito é o que se agarda da banda e é o que, segundo avanza o disco, máis impregna todo dun xeito imparable até chegar á peza mestra deste disco que é Yngwaz Zonen, só polo cal xa merecería a pena ter este plástico. Mais por sorte o que prosegue non queda atrás. Cabe tamén destacar tamén The Alliance, outro tema grandioso que aproveita a súa duración para xogar cos distintos matices e as variacións que a banda tanto lle gusta ao mesmo que fan en Gungir.

 

Con este traballo, Heidevolk volven reconciliarse con parte dos seus seguidores que pensaban que após os dous últimos traballos a banda estaba en declive e é que se ben é certo que unha banda non pode facer sempre obras mestras, a súa obriga é cando menos manter o nivel de calidade. Vuur van Verzet é ese disco que agardábamos de Heidenvolk en que a banda mostra o sólida e compenetrada que está, malia os cambios de guitarrista e vocalista, ademais de demostrar que Valhalla Wacht no foi froito da casualidade, senón da calidade.

Heidevolk nas redes:

Web: http://www.heidevolk.com/

Facebook: https://www.facebook.com/heidevolkofficial/

Twitter: @Heidevolk

Lista

1.- Ontwaakt
2.- A Wolf In My Heart
3.- Onverzetbaar
4.- Yngwaz Zonen
5.- Britannia
6.- The Alliance
7.- Tiwaz
8.- Het Oneindige Woud
9.- Gungnir
10.- Woedend
11.- Het Juk der Tijd

Comentarios