Ismael Ramos

"As novas creadoras veñen pisando forte"

Nesta quinta feira a poesía adónase do #VenhanMais5 da man do poeta Ismael Ramos.

Ismael Ramos 3

-Como avalías o estado actual da cultura galega?

-No eido poético penso que a situación é boa, que hai iniciativas interesantes e con futuro (editoras, festivais) e que as novas creadoras veñen pisando forte. Dos demais sectores culturais non sei se me atrevería a facer unha valoración tan positiva. Se tivese que guiarme polo que vexo na cidade na que vivo, Compostela, diría que a situación é boa en xeral, pero ben sei que isto non acontece así no resto de Galiza, e que é aí cara onde hai que mirar: cara onde aínda non se chegou.

-Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista?

-Que siga medrando, que non se deteña e resista.

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-Sermos debe continuar sendo unha plataforma para visibilizar a nosa lingua e a nosa cultura, un espazo dende o que seguir construíndo.

Comentarios