Non perdas o novo coleccionábel de ‘Nós Diario’ sobre o escudo da Galiza

Detalle da maquetación e os debuxos do coleccionábel (Foto: Nós Diario)

Baixo o título “O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional”, Nós Diario ofréceche a partir desta terza feira un interesante estudo sobre o escudo da Galiza. Este caderno dirixido polo investigador Héitor Picallo poderalo atopar nos quiosques ou na nosa loxa online.

Baixo o título “O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional”, Nós Diario ofréceche a partir desta terza feira, 1 de setembro, un interesante estudo sobre o escudo da Galiza. Este caderno, que será publicado por entregas, é dirixido polo investigador Héitor Picallo. A partir de mañá nos quiosques ou na loxa.

Nós Diario da a benvida a un novo curso coa estrea dun coleccionábel que se publicará de terzas a sextas feiras e que descubrirá coñecementos da Galiza desde distintas disciplinas e diferentes puntos de vista. A primeira colección que vai estar nas túas mans como lectora ou lector é unha interesantísima viaxe pola historia da heráldica do país.

Baixo o título “O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional”, o investigador, ilustrador e escritor Héitor Picallo (Cuntis, 1974) vai facer viaxar as mentes ao pasado e tamén a países como Cuba, Arxentina, Austria, Alemaña, Francia, Bélxica ou Dinamarca. Por eses Estados tamén foron as súas pesquisas para achegar unha información moi completa da heráldica a través de 18 entregas.

Os capítulos, que comezarán a publicarse mañá, ocuparán as catro páxinas centrais de Nós Diario, polo que cando remate este primeiro coleccionábel terás a oportunidade de encadernalo para calquera consulta futura.

Unha ollada ao século XIII

De seguro están desexando saber as orixes do escudo da Galiza e, segundo che contará o experto, esas primeiras versións da enseña do Reino de Galiza hai que buscalas a finais do século XIII. No Segar’s Roll, unha especie de libro de armería de 1282, xa inclúe 24 escudos reais entre os que se atopan o de Galiza, o de Portugal, o de Navarra ou o de España.

Nesa primeira representación coñecida faltan elementos que van aparecer reflexados no caderno. É certo que este símbolo do país non ten unha gran presenza no exterior, pero si dispón de proxección internacional.

O curioso é que ao longo da historia atopouse unha diferente representación para o escudo na Galiza e no estranxeiro. Por exemplo, xa no século XVI aparecen incorporadas as armas nestas terras e no resto de Europa fica só. Os motivos relixiosos tampouco formaban parte del, pois as cruces xurdiron nas visións da segunda década do S. XVI. Cara a finais dese século foise asentando unha imaxe concreta.

Mais Picallo non só vai falar de heráldica nas súas páxinas, senón tamén de historia. E eses capítulos e retazos do pasado van amosar unha visión máis completa do escudo e da Galiza.

O interese do autor a través desta colección é “analizar os escudos galegos desde as primeiras representacións, por volta de 1982, até o século XVIII aproximadamente, desde unha perspectiva internacional”.

[As persoas subscritoras recibirán o coleccionábel xunto co Nós Diario de terzas a sextas feiras. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes solucionalo ben rápido. Co teu apoio contribuirás a acrecentar un espazo galego socialmente responsábel de información diaria. “O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional” tamén estará dispoñíbel nos quiosques]