Crítica de música

'Noró', de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; por Olga Brañas

1517851549_914445_1517852122_rrss_normal

Noró (Músicas de Salitre, 2017) é a segunda entrega de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

Como no anterior traballo, as voces e as percusións son as grandes protagonistas, e os arranxos instrumentais (acordeón, violín e zanfona) camiñan entre sons con cheiro tribalista nalgúns temas  e máis tonais noutros. Tamén neste traballo combinan temas de Xabier coas adufeiras con algunha peza na que só cantan elas.

Sempre considerei que Xabier era un grande construtor de voces, e hai xiros preciosos nas liñas das adufeiras cando o acompañan que así o amosan, como na fermosa peza “Voa o Aire”.

É un disco agradable de escoitar e de cantar, e non rompe coa liña do anterior traballo.

Parabéns a Xabier, ás adufeiras, a Guti e a Javier Álvarez.

“Teño ouro, teño prata, teño calderilla e cobre. De todo estou abundante, só de amores que estou pobre”.

Comentarios