QUE FACER?

Para non dar feito: musicais, rock, arte, monólogos, teatro...

Singularmente completa a axenda desta finde. Pasen e vexan.

Sexta feira

A Coruña. Teatro Rosalía. 21 horas. Bye Bye Honey. Definido como "musical de clase baixa, de lumpen, pachanga e rock and roll". Posto en cena pola compañía Obras Públicas e protagonizado por Iolanda Muíños.

Moaña. Morrasound. Festival de rock, con teatro, BMX, rocódromo, tirolina e demais actividades paralelas.

Sábado

A Coruña. Palacio da Opera. 21 horas. Andrés Calamaro. Apresenta o seu último traballo, Romaphonic Sessions. O cantante arxentino actuará cun combo formado por Germán Wiedemer, piano; Antonio “Tonio” Miguel, contrabaixo e Martín Bruhn, percusión.

Sábado e Domingo

O Monólogo do imbécil. Con X.A. Touriñán, dirixido por José Prieto. O sábado no Rosalía de Castro e o domingo no auditorio municipal de Cedeira.

Até o domingo

Carballo. Rexenera Fest. Festival Internacional de Arte Pública regresa a Carballo con artistas internacionais como Case Ma'Claim, Natalia Rak, Hyuro, Nö3l ou Issac Mahow.

Comentarios