A noite do lume novo dá paso ao San Xoán Pequeniño

Despois de que o lume se apaga comeza o San Xoán Pequeniño, un festival para público infantil que chega á segunda edición na Praza de María Pita da Coruña. 

.
photo_camera .

Por volta do mediodía bota a andar a segunda edición do San Xoán Pequeniño, unha xornada enteira na que música, teatro, circo, malabares e xogos danse cita na Praza de María Pita na xornada máis longa de espectáculos para o público máis cativo. 

María Fumaça, A Nena e o Grilo, Petit Pop, Os tres tenedores, Fantoches Baj, Malabaranda, Babaluva e CircoKote son algunhas das actuacións dun festival gratuíto que xuntará outras propostas ate completar un programa que se desenvolverá ate as 20 horas. A organización agarda superar as 8.000 persoas que participaron na anterior edición. 

Como o “día máis meigo para a cativada” preséntase este festival que ten vontade de se consolidar como referente da programación infantil, na festa anual na que se dán cita as principais propostas do panorama das artes escénicas para o público de menor idade. As compañías e grupos musicais que están ocupar os primeiros postos de atención das crianzas daranse cita en María Pita,  algúns deles presentando agora novos proxectos e consolidando o seu espazo no ámbito infantil no festival do Concello da Coruña.

Comentarios