Que facer?

Noia acolle esta fin de semana o V de Viñetas

KIKO DA SILVA - ESTUDIO1
photo_camera Kiko da Silva

V de Viñetas: I Xornadas de Cómic

Noia

Liceo

Sexta feira, sábado e domingo

Contarán com obradoiros de Kiko Da Silva, Miguelanxo Prado e Fernando Iglesias, e coa presentación de A viñeta de Schrödinger, revista de banda deseñada en galego dirixida por Kiko Da Silva.

 

Foliada

Carballo

Pazo da Cultura

Sábado

20.30h

Dentro do programa “Novembro con Música”, volta a xuntarse a Banda Municipal de Gaitas de Carballo e ao Coro Aires de Bergantiños nunha foliada.

 

II Magosto Contra a Mina

Touro

Local social de Bama

Sábado

20.00h

Proxectarase o documental "Minaría Non" de Lentes Diverxentes, haberá, castañas, petiscos, chocolate con biscoito e participarán grupos de música popular.

 

Pementeiras, de Xore Teatro

Muros

Centro cultural e xuvenil

Sábado

21.30h

Pementeiras é unha historia de empoderamento feminino que narra as vivencias de Sofía e Dosinda, dúas mulleres cunha realidade social moi diferente.

 

Ciclo de Coros

A Coruña

Teatro Rosalía de Castro

Domingo

18.30h

A segunda xornada do ciclo contará coas actuacións de Toxos e Froles, Agrupación Folclórica Ancoradoira mais Cántigas da Terra.

 

XI Festival Folk Lume na Lareira

A Estrada

Teatro Principal

Domingo

18.00h

O Teatro Principal da Estrada acolle o próximo sábado 18 de novembro o XI Festival Folk Lume na Lareira de música e humor. Subirán ao escenario grupos como The Golden Pipers Quartet, As da Concertina, Ricardo Ferreira, Os Alegres de Pontevedra, Tequexetéldere, Entre foles, Gaiteiros da Pereiriña de Martixe e outros que estarán arroupados polo humor do Padre Xiao.

 

Outono, tempada de teatro

Pontevedra

Pazo da Cultura

Domingo

18.30h

Pistacatro presenta “Outono”, dentro da Tempada de Teatro que acolle o Pazo da Cultura, unha función de novo circo galego recomendada para público familiar.

 

Presenza lusófona no Cineuropa

Compostela

Diversos espazos

Até 28 Novembro

A 32ª edición do Cineuropa, que decorre entre o 7 e o 28 de novembro en Compostela, conta na súa programación cos filmes lusófonos Tempo Comum, Luz Obscura, Djon Africa e Praça Paris. Nesta semana poderemos visionar Djon Africa (sexta feira, 16 novembro ás 20.30h, Salón Teatro), Praça Paris (domingo, 18 novembro ás 16.30h, Salón Teatro) e Luz Obscura (terza feira, 20 novembro ás 19.30, Museo das Peregrinacións).

 

A cestería galega

Castro de Rei

Museo do Castro de Viladonga

Até 31.01.2018

O museo propón unha mostra de cestos e cestas para achegarse á tradición artesanal de elaboración destas, cedidas para a ocasión póla artesá Lola Tourón.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios