CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Nightwish: Endless Forms Most Beautiful

O novo disco dos fineses Nightwish xa está aquí e chegou petando forte nos primeiros postos das listas de medio mundo. 

Nightwish
photo_camera Nightwish


Había unha especial expectativa por ver como influía a incorporación de Floor Jansen como nova vocalista as novas composicións da banda. Si ben é certo que xa a tiñamos escoitado en directo, faltaba saber se Toumas Holopainen aproveitaría a súa gran capacidade vocal para as novas composicións. Parte do segredo quedaba desvelado tralo adianto do single “Elan” nas redes e de “Shudder Before the Beautiful”, pero tampouco era todo o material, máis agora co disco nas mans e con varias escoitas do mesmo, xa se pode dicir que Touman parece que ten medo a que de novo a vocalista lle saque o protagonismo como fixera no seu día Tarja Turunen. Floor fica totalmente desaproveitada, limitando moito o lirismo e cunha produción que deixa a súa voz nun plano máis baixo do que lle correspondera.

Endless Forms Most Beautiful son 78 minutos de metal sinfónico e power metal, coa inconfundíbel sinatura da banda, si ben desta vez pecan nun exceso de orquestracións que chega a ser pesada en algúns momentos, pero tamén inclúe xoias como, “Élan”, “Alpenglow” ou  “ Shudder Before the Beautiful” que para min é sen dúbida o verdadeiro single.  Mais tamén ten a súa febleza  no penúltimo tema do álbum, o aburrido e insulso “The Eyes of Sharbat Gula”. Pode que o puxeran estratéxicamente aí para resaltar aínda máis “The Greatest Show on Earth”, 24 minutos espectaculares dunha que amosan o mellor da banda. Sen dúbida o maior espectáculo na Terra.

Endless Forms Most Beautiful é un cóctel no que se inclúe todo o mellor da carreira de Nightwish transformado en novas cancións. Floor, aínda que desaproveitada, nótase que está ben acoplada na banda. Toumas e Marco fixeron un excelente traballo compositivo. Un disco que é un todo é que separalo por cancións non tería moito senso. O mellor que se pode facer é disfrutalo e deixar que a atmosfera que crea de principio a fin te envolva e te transporte por 78 minutos ao mundo de Nightwish.

Listaxe de temas

1. "Shudder Before the Beautiful"
2. "Weak Fantasy" 
3. ''Élan''
4. "Yours Is an Empty Hope" 
5. "Our Decades in the Sun" 
6. "My Walden" 
7. "Endless Forms Most Beautiful"
8. "Edema Ruh" 
9. "Alpenglow"
10. "The Eyes of Sharbat Gula" / "The Greatest Show on Earth" 
11. 
I. "Four Point Six" 
      
II. "Life" 
      
III. "The Toolmaker"
      
IV. "The Understanding" 
      
V. "Sea-Worn Driftwood" 

Nightwish na rede

Web: http://www.nightwish.com/

Facebook: https://www.facebook.com/nightwish

Twitter: @nightwishband

Comentarios