Terbutalina quita novo traballo para pór patas arriba a escea musical da Galiza: "Ritmo Serbio".

Nen se disolven nen piden perdón polo dano causado. Terbutalina, o grupo de gastropunk de Muros, vén de editar novo disco, 'Ritmo serbio', e preparan unha ofensiva de presentación por toda Galiza. No interior, dicímosche onde podes descarregar de balde o disco.
Terbutalina

Non foi unha ameaza. Terbutalina ten novo traballo. 'Ritmo serbio', un compendio de 14 temas deste quinteto de Muros que seguen a apostar pola mistura de punk, rock, pingas dalgo que podería pasar por pop e moito cachondeo. Teñen afirmado que "o punk morreu e comémolo nós". Para chulos, os de Esteiro, que para eso teñen traiñeira. Retrousos como "Eu son un furacán/ e ti unha aldea de chabolas" serán algún día considerados apoloxía de algo. Namentras, a gozar e bailalos.

E 'Ritmo serbio' chega após traballos como Broncolidatador, Hostias para Todos ou Live in Catoira. Discos nos que os Terbutalina trazaron un ronsel propio dun estilo que veu confirmado pola recepción do público. Que iso lles preste ou importe a eles, é outra cuestión.

Para presentar Ritmo Serbio, gravado por Tomás Ageitos en Roxos e un disco no que colaboraron xente de Ruxe Ruxe, Familia Caamagno ou Dios Ke Te Crew, entre outros, Terbutalina inician una xira. A primeira cita será este 7 de marzo en Santiago de Compostela, onde terá lugar a festa-presentación

Se queres descargar de balde o último traballo de Terbutalina, aquí tes a ligazón

Comentarios