Propostas

Narrativas estivais

 

Mario Regueira, crítico literario que cada semana achega a Sermos Galiza súa visión ao redor de obras publicadas en galego, propón dez títulos de narrativa –por orde alfabética– dos que gozar nas últimas semanas de verán.

[Imaxe: Laura R. Cuba]
photo_camera [Imaxe: Laura R. Cuba]

6-17.23.14“Summertime, and the livin’ is easy...” di a canción. Se cadra por iso o verán tamén vai asociado a lecturas doadas e edicións baratas, das que non importa arriscar nun contorno potencialmente suxo e húmido como o dunha praia. Un dos meus recordos bibliófilos máis fermosos é o de atopar, na grande biblioteca que deixou meu avó, algúns deses volumes cunha sutil liña de area e restos de cunchas nalgunha das súas páxinas, devolvéndome, de forma inesperada, algún día de praia perdido anos atrás.

Seguir ese pequeno rastro entre os libros herdados chegaba para desmontar calquera tópico sobre as lecturas estivais: é certo que había novelas de consumo rápido e libros xornalísticos dos que pasan axiña de moda, pero tamén a raia de area ten aparecido en clásicos e obras consideradas experimentais. Quen asina os tópicos esquece a maior verdade detrás do verán: que é, idealmente, un tempo para estar á vontade e facer o que nos apeteza. Pode ser un espazo para descansar ou para explorar e arriscar novas aventuras. E iso vale tamén para as lecturas que se escollen: serven tanto as evasivas e fáciles como aquelas para as que non temos tempo ou paciencia o resto do ano. Para quedar a durmir co libro na man ou para afrontar un desafío.

Con esa idea de diversidade e gusto polas descubertas, xuntamos un pequeno decálogo de narrativas publicadas en galego nos últimos anos para rematar este verán. En certo sentido, e aínda que hai quen le con gusto a Žižek con corenta graos á sombra, o verán é un tempo para contar historias e compartilas. A pesar disto, hai que dicir que son narrativas como poderían ser ensaios ou poesía, como poderían ser filmes ou videoxogos. Porque o importante do verán é poder gozar do que máis nos chame a atención, sen ter que dar contas a ninguén.

[Podes coñecer as dez obras propostas no número 309 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios