Que facer?

Nao, Familia Caamagno, Def con Dos, La Raíz e Ezetaerre, cartaz de altura no Castañazo rock

Rap, metal, rock, reggae, ska... O festival de outono Castañazo Rock fai a súa edición número XIV cun cartel de luxo. Nao, Familia Caamagno, Def con Dos, La Raíz e Ezetaerre son os pratos fortes para esta fin de semana. 

Sexta Feira

A verdadeira historia da cigarra e a formiga

Boiro

Casa da Cultura Ramón Martínez López

20.00h

Espectáculo de teatro infantil a cargo da compañía Teatro do Andamio. Unha proposta teatral onde non faltará música e poesía para coñecer a outra cara das personaxes. 

Castañazo RockNormas para saber vivir nunha sociedade moderna

Lalín

Novo Salón Teatro

21.30h

Espectáculo da compañía Sarabela Teatro. Un texto adaptado a cinco voces, con música en escena, para tentar explicar a vida. 

Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala

Ferrol

Salón de Actos do Real Coro Toxo e Froles

16-21.00h

Até o sábado, este congreso ten por finalidade salientar o papel xogado pola entidade, coma o doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario das Irmandades da Fala.

Sábado

Castañazo 2016

Chantada

Mercado Gandeiro

Festival de música galega e internacional. O cartel musical está formado polas bandas galegas Nao, Familia Caamagno, Poetarras e Ezetaerre, xunto cos valencianos La Raíz, os madrileños Def con Dos e os vascos Esne Beltza. Tampouco faltará o concurso de Cantos de Taberna xunto con outras actividades como xogos bravús, o magosto, e o Castañazo infantil.

Pasabodeghas

Vedra

San Miguel de Sarandón

Até o domingo o Pasabodeghas contará cunha ruta con degustacións polas sete bodegas participantes, acompañada de música de Preto, Trécola, Sons da Mina, Varacuncas, ou Os Feroces da Galgueira. A partir das 18.30h contarán coa actuación de Peter Punk, e ás 22.30h dan paso aos concertos de Faíscas da Pontraga, Sacha na Horta e Os Tres Trebóns. O domingo teñen sesión vermú, foliada e máis música.

Teatro

Narón

Pazo da Cultura

20.00 h

Voaxa e Carmín, comedia terrorífica protagonizada por Maruxa e Coralia, personaxes inspiradas nas Marías de Santiago de Compostela, de Butacazero. 

Festival AMAL

Santiago de Compostela

Auditorio Abanca

12.00h

A viaxe de Ghada, realizada polo alumnado do CEP Ventín de Milladoiro, foi creada coa finalidade de contrapoñer o dano da guerra fronte á grandeza da xenerosidade. A sesión é de balde. 

Domingo 

Os divertidos espritos do Samaín

Ponteareas

Auditorio Reveriano Soutullo

17.00h

Volta o Samaín con este espectáculo infantil da compañía Barafunda ambientado nas historias da noite do Samaín. Unha sesión onde as crianzas xogarán a ser verdadeiros monstros.

Arraianos

O Grove

Carpa Multiusos da Praza do Corgo

19:00

Proxección do filme Arraianos, un retrato da vida e do tempo na Raia Seca, unha aldea perdida entre as fronteiras da Galiza e Portugal.

Comentarios