Nao dinos ‘Adeus e grazas’

O grupo publica o seu derradeiro videoclip, “un agradecemento a todas as persoas que nos acompañastes nesta xira final”. Vídeo no interior

foto_NAO_DISCO-PHOTOSHOP-(3)

O vindeiro 7 de decembro a banda Nao dirá o adeus definitivo aos escenarios en Compostela, cun concerto cheo de colaboracións das artistas que os acompañaron durante a súa traxectoria, que lles axudarán a repasar case todo o seu repertorio. Será o concerto que poña o ramo a 14 anos de traxectoria, 14 anos de música, compromiso e festa.

A banda vén de publicar o seu derradeiro vídeo, ‘Adeus e Grazas’, como eles propios din: “Con este videoclip queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta derradeira xira final”

Catorce anos

A primeira formación de Nao nace da conxunción de músicos con diversa experiencia dentro do rock, o punk e o metal galego: Xenreira, Fusquenlha, M.D.R, Fai Tun Flai ou Indana.

En outubro do 2005 dan o seu primeiro concerto no Centro Social a Revolta, en Vigo. Tras a gravación das primeiras maquetas e dunha xira por distintas vilas de Galiza, viaxan cara aos estudos Garate, de Euskal Herria, onde darán forma ao seu primeiro disco “As palabras espidas” (2007), ao que seguirán “Coas túas mans” (2010), “Cancións de amor e liberdade” (2012) e “Cartas no caderno” (2014).

Emproan cara a unha triloxía final baixo o epígrafe de “Apocalipse NAO”. “Soñar” (2016), “Crear” (2016) foron dous dos tres discos. E agora vén “Ata que o lume se apague”.

 

Comentarios