Nao di adeus

O grupo publica 20 de novembro o seu derradeiro disco, “Ata que o lume se apague”, e 5 de decembro inicia en Compostela a súa xira de despedida.

nao
photo_camera nao

Nao despídese. Din adeus. Após 13 anos de música, compromiso e festa, este conxunto opta por colgar as guitarras. Pero, iso si, ao grande: con disco e xira de despedida. O 20 de novembro publicarase ‘Ata que o lume se apague’, o que vai ser o seu derradeiro traballo. Trece temas  gravados a camiño entre Galiza e Euskadi e producidos por Iago Pico e, en dous temas, por Kaki Arkarazo, quen fora membro de bandas como M-AK, Negu Gorriak ou Nación Reixa .

Franco Resurreción”, “Mazo armado”, “Alba de Groria” ou a canción que lle dá título ó disco “Ata que o lume se apague” son algún dos títulos dos temas fan parte deste traballo, así como “Ceder á decepción” ou “Náufrago a contravento”.

Aliás, a banda fará a súa derradeira xira.  Comezará 5 de decembro do 2018 na compostelana Sala Capitol.

Trece anos

A primeira formación de Nao nace da conxunción de músicos con diversa experiencia dentro do rock, o punk e o metal galego: Xenreira, Fusquenlha, M.D.R, Fai Tun Flai ou Indana.
 

En outubro do 2005 dan o seu primeiro concerto no Centro Social a Revolta, en Vigo. Tras a gravación das primeiras maquetas e dunha xira por distintas vilas de Galiza, viaxan cara aos estudos Garate, de Euskal Herria, onde darán forma ao seu primeiro disco “As palabras espidas” (2007), ao que seguirán “Coas túas mans” (2010), “Cancións de amor e liberdade” (2012) e “Cartas no caderno” (2014).
Emproan cara a unha triloxía finalbaixo o epígrafe de “Apocalipse NAO”. “Soñar” (2016), “Crear” (2016) foron dous dos tres discos. E agora vén “Ata que o lume se apague”.

Comentarios