Éxito de convocatoria do Festival do Leite

Nada podía fallar na Illa das Esculturas

Moito público e moita calidade musical sobre o palco. A Illa das Esculturas de Pontevedra acolleu este sábado un exitoso Festival do Leite. 

festival do leite
photo_camera Un momento do festival [Foto: Diego Torrado/PontevedraViva.Com]

O cartaz do Festival do Leite era todo un imán. Se pos sobre escenario nomes como De Vacas, Sés ou Triángulo de Amor Bizarro o normal é que reúnas miles de persoas. Foi o que aconteceu este sábado en Pontevedra, na Illa das Esculturas. A oferta completábase con formacións como The Limboos, Bifannah, Disco Las Palmeras, The Soul Jacket, La Casa de los ingleses, Cora V, Gold & Colt e Carlangas DJ. O éxito de convocatoria foi total e absoluto.

A cita era coa música, mais o festival tiña tamén outro obxectivo, o de popularizar a idea de que na economía galega o sector do leite non é un sector calquera, senón unha peza basilar da nosa estrutura produtiva. Até niso o festival foi un éxito.

Comentarios