Nace Festivala, un espazo para as mulleres creadoras

Co frío de finais de novembro nace Festivala ‘Mulleres creando’, unha iniciativa organizada por O soño de Lilith. As actividades terán lugar o 26 de novembro en Fexdega, Vilagarcía de Arousa. Haberá concertos, presentacións de libros e visionado de filmes feministas.

no es país para coños
photo_camera Imaxe da obra 'No es país para coños'

O evento conta con múltiples propostas, que comezarán ás 12:00h e durarán até a madrugada. Entre elas, unha feira de artesanía na que mulleres creadoras da provincia de Pontevedra achegarán os seus traballos en varias disciplinas: ilustración, pintura, alimentación, asociacionismo, deseño e moda, entre outras. 

O festival acollerá ás 12:30h a o espectáculo teatral ‘No es país para coños’, de Diana López Varela. Ás 17:00h será a presentación de ‘A violencia dun sorriso’ do colectivo Implicadas no desenvolvemento. Contará cun recital poético a cargo da súa presidenta, Susana Sánchez Aríns. Por outra banda, tamén haberá un espazo adicado á infancia, con obradoiros infantís impartidos por Sol R.Gil sobre o papel das mulleres na arte e a súa invisibilidade. 

A proxección do documental 'MGK' presentará o proxecto 'Mulleres Galegas Kañeras' que pretende dar visibilidade ás artistas galegas na música rock, heavy e metal da Galiza.

Ao mesmo que a literatura, a música e o cine tamén terán importancia nesta primeira edición de Festivala. A música comezará a soar ás 13:45h na Sesión Vermú a cargo do grupo As Punkiereteiras. Ás 18:00 a proxección do documental 'MGK' servirá para presentar o proxecto ‘Mulleres Galegas Kañeras’, que pretende dar visibilidade ás artistas galegas na música rock, heavy e metal da Galiza. Ás 19:00h comezarán os concertos, con grupos como Trême -formación creada por Sú Garrido e Margarida Mariño en 2014-, Moun Qup -o proxecto en solitario da cantante francesa Camille- ou Bala -o grupo de Ánxela Baltar e Violeta Mosquera cuxo primeiro álbum, Human Flesh foi todo un éxito e levounas de xira polos principais festivais de España e Europa-.

Ademais, Festivala conta cun Ciclo de Cine Feminista. As proxeccións faranse no Salón García en colaboración co Cine Clube Ádega, onde se visionarán filmes como  ‘Rosetta’ –con motivo do Día Internacional contra as Violencias Machistas– ou ‘El viaje de Carla’ -polo Día Internacional dos Dereitos Humanos-. 

Por outra banda, terá lugar un obradoiro de Stop Motion  -para maiores de 15 anos- impartido por Illa Bufarda os días 16 e 17 de decembro. Baixo o título ‘Sexy! Sexy? O tratamento do corpo das mulleres nos medios de comunicación’, organízase un obradoiro de creación dunha curtametraxe, que será proxectada o 8 de marzo no Salón García de Vilagarcía de Arousa.

Primeira edición

A primeira edición de Festivala ‘Mulleres creando’ é unha iniciativa organizada por O soño de Lilith. Unha asociación formada por mulleres  -a maioría estudantes da Universidade de Vigo- que loitan en defensa da igualdade. A entidade traballa en prol da erradicación da violencia machista exercida contra as mulleres en calquera das súas formas: física, psicolóxica, institucional, económica, laboral ou simbólica. O obxectivo de Festivala é visibilizar o papel da muller como creadoras nos diferentes eidos.