Na última fin de semana de xullo, a troula agóchase Antrospinos!

La troba kung-fu, Sacha na Horta, A compañía do ruído, Familia Caamagno, Oito nun piso, Chotokoeu ou La gran orquesta republicana. Son algúns dos nomes musicais que aparecen no cartaz deste ano do festival Antrospinos, que se celebra en Taragoña (Rianxo) os vindeiros 26 e 27 deste mes




Este video foi publicado o ano pasado pola organización do FAP, o Festival Antrospinos que na última fin de semana de xullo leva a troula a Taragoña, en Rianxo. De todo o que prometen, estamos en condicións de acreditar que a boa música non ha faltar.

Do País tocarán grupos como Sacha na Horta, Chotokoeu, A compañía do ruído, Oito nun piso ou a Familia Caamagno. De fóra chegan Itaca Band, La troba kung-fu, Figli di Madre Ignota ou La gran orquesta republicana. 

​En total, doce bandas, dous picadiscos e "a grande matraquillada" compoñen o cartaz desta edición, a sexta, onde non faltarán tampouco un xantar popular e o traballo en prol da recuperación de espazos dos espazos públicos para a xente.

Malia que haberá actividades de balde para toda a familia, os concertos serán de pago: o bono para os dous días custa 10€ anticipado e 13€ na billeteira; o bono para días soltos custa 5€ anticipado e 9€ na billeteira. O programa previsto é o que segue:
 

  • Sexta feira, a partir das 22h, tocarán Itaca Band, Sacha na Horta, La gran orquesta republicana e Figli di Madre Ignota. Pecha a xornada o picadiscos Bigote Mix
     
  • Sábado ás 13.30h arrinca o xantar popular amenizado por Oito nun piso e De la Cruz Show. Ás 16h dará comezo a afamada e tradicional matraquillada e despois chegará a rumba canalla de Canijos sin Fronteras, unha banda que repite no festival. Ás 21h comezan os concertos: A compañía do ruído, La troba kung-fu, Familia Caamagno, Chotokoeu e A banda de Andrelo para pechar a xornada o picadiscos Hadri H

Até aquí o detallado resumo do programa musical que convertirá Taragoña na capital da troula do Barbanza durante esta vindeira fin de semana. 

Comentarios