O catalán Jordi Savall renuncia ao Premio Nacional de Música español

Nunha carta aos responsábeis do ministerio de Cultura, o músico catalán Jordi Savall renuncia ao Premio Nacional da Música por desacordo coa política cultural do goberno español. 

Jordi Savall
photo_camera Jordi Savall

O músico Jordi Savall renuncia ao Premio Nacional de Música 2014 que onte foi anunciado polo ministerio de Cultura. As razóns son o rexeitamento da política cultural do goberno español. Savall comunicoulle o seu rexeitamento ao secretario de estado de Cultura, José María Lassalle e tamén por medio dunha carta ao ministerio de Cultura, segundo informa o xornal Ara. Na carta, o músico afirma que non pode aceptar unha distinción que vén “da man da principal institución do estado español responsábel do dramático desinterese e da grave incompetencia na defensa e promoción da arte e dos seus creadores”. Jordi Savall fora recoñecido hai tan só dúas semanas coa Medalla de Ouro do Parlamento de Catalunya. 

O premio está dotado con 30.000 euros e o músico fora recoñecido na modalidade de interpretación.

Comentarios