“Músicas para a Semente”, un festival que mira para o futuro

Nace o 25 de xaneiro con vontade de perdurar. Mira cara o público infantil e non só polo seu programa. “Músicas para a Semente” é unha nova iniciativa para financiar o centro Semente que abrirá o vindeiro curso en Ferrol. 

.
photo_camera .

Xabier Díaz e os grupos “os dous de sempre +    1”    e    “Vai    rañala    meu” integran o programa musical do novo festival que nace o vindeiro 25 de xaneiro no auditorio e Narón. “Músicas para a Semente” contará tamén coa intervención do escritor Antón Cortizas e a proxección dunha curtametraxe nunha xornada que forma parte das iniciativas para o financiamento do centro educativo Semente, que conta abrir as súas portas na comarca de Ferrolterra o vindeiro curso. 

Coa cultura de Ferrolterra

Será a primeira edición dun festival que ten vontade de permanencia. A Asociación Cultural Semente Trasancos destinará o recadado integramente á escola que se abrirá na comarca e, neste nacemento optaron por artellar un programa con protagonistas de Ferrolterra. Non só a música virá de músicos con orixe na comarca senón a propia curtamentraxe será a elaborada polo alumnado do CEIP San Xoan Filgueira que vén de gañar o premio “Escola” no XIX Festival de Cine Internacional de Ourense. O seu contido acae ben tamén aos obxectivos da Semente xa que ten á promoción da lingua galega como protagonista. 

Dúas figuras máis da cultura da comarca terán presenza singular no festival. O escritor e profesor Antón Cortizas contará unha historia a un público entre o que se sorteará unha obra do artista Leandro Lamas. 

As entradas están á venda na tenda de xoguetes “O muíño do Fabal” de Narón e na Fundaçom Artábria    en Ferrol. As portas do auditorio abriranse ás 17.30 horas o día do festival con actividades previas. 

O centro de Ferrolterra integrará a Rede de Escolas Semente canda a de Vigo e a de Compostela. 

Comentarios