As músicas do Apalpador: dos arrolos e cancións populares até o reggae

O xigante carboeiro é protagonista tamén en letras e cancións.
guitarra electrica

A recuperación do Apalpador  realizouse en tantas frontes como foi necesario, sempre co rescate e a divulgación deste personaxe do Nadal galego coma obxectivo fundamental.

Así, o Apalpador axiña aniñou e se estendeu  na literatura infantil e xuvenil, nos contacontos,   mesmo no teatro de títeres ounos desfiles de Nadal por diferentes cidades e vilgas galegas.

E esta pegada tamén se deu na música, en diferentes estilos e para públicos diferentes.  Unha boa mostra de como en pouco máis dunha década este personaxe callou entre galegos e galegas como un elemento xa consolidado non só do nadal, senón mesmo do imaxinario colectivo como pobo.

E de que músicas gosta o Apalpador?  Pois se poñemos a orella a aqueles solistas e grupos que o meten nos seus temas, o abano é moi amplo. Hai desde arrolosmúsica popular pasando polo ska ou incluso festivais das ponlas máis ruras do rock (punk, metal...) que levan o seu nome. 

A listaxe de quen canta ao Apalpador é ampla e variada. E comezou a crearse case que desde o inicio da recuperación da figura. Como non, polo medio deste inicio tamén aparece o nome de Xurxo Souto, que alá a mediados da década dos 2000 co seu proghrama Aberto por reformas animaba a xente a composicións sobre este peesonaxe. E de aí saíron propostas como a Nana do Apalpador de aime da Guarda ou Sofía de Labañou e a súa. "Aí o vén o apalpador / pra facerche a revisió / se medraches ou minguaches / en talla e en musculación / Aí vén o apalpador /non é mestre nin doutor / é un vello das montañas / onde crían as castañas / pra che dar a boa mantenza / da señora natureza / Vén do Courel...que ben ! / Vén dos Ancares...que grande ! / Vén do Souto máis retorto".

Estensión

A pistolada de saída estaba dada e axiña agromaron cancións e cantigas con este carboeiro como protagonista. Un fenómeno, por certo, no que tivo un papel importante o ensino público,  co profesotrado a animar a alumnos e alumnas compor coplas, arrolos ou cancións no Nadal co Apalpador como proptagonista.

Ao tempo, grupos como Mamá Cabra incorporaban temas con letras como "Eu son o Apalpador /entro e saio con sixilo / apalpando nas barrigñas / das meniñas e meniños".

Non son os únicos. Velaí está Pacvo Nogueiras que a ritmo de reggae tamén inmortalizou o Apalpador nun tema que, como non, titulábase co nome deste personaxe. "É moi alto e moi forte / Seica é o Apalpador, parece que tiven sorte / Ese home de gran barba / Tiven sorte si señor  / A deixarme xoguetadas vai vir.... O apalpadoooooor".

Malvela, as faoutas cantareiras do sur do país, tamén meteron no seu cancioneiro o Apalpador, se ben desta vez en forma de música popular e tradicional na Cantiga do Apalpador. "Vaite logo, meu meniño / marcha agora para a camiña / Que vai vir o Apalpador / a apalparche a barriguiña / Xa chegou o día grande  / e virá o Apalpador".

E para pór o ramo: O Apalpador Fest, festival da Guarda que leva xa máis de 7 edicións e na que conflúen grupos de rock, punk ou metal. 

Comentarios