Música, a pesar de todo

Aínda que, nin moito menos, deixaron de producirse cancelacións, o panorama galego de música ao vivo trata de, na medida do posíbel, recuperar o pulso na procura da normalidade, como acreditan casos como o do Noroeste da Coruña.

chasis_noroeste1
photo_camera chasis_noroeste1

Non é o mesmo, claro que non. Accesos con invitacións nominais reservadas a través de sistemas dixitais, aperturas de portas horas antes dos espectáculos, obriga de estar permanecer sentadas, de uso de máscara, de distancia, de abandonar a butaca ao finalizar o concerto...

Esa é a realidade que se ven obrigadas a afrontar as organizadores de festivais e concertos de música ao vivo na Galiza. Por suposto, hai quen optou pola cancelación, pero casos como o do Festival Noroeste demostra que, con todo, é posíbel achegar un chisco de normalidade á anormalidade.

Hoxe afronta a súa derradeira xornada, na que a través de varios escenarios repartidos por diversos puntos da cidade desenvolveranse ao longo de todo o día numerosos espectáculos musicais, comezando ás 13 horas por The Soul Jacket na praza de Santa Margarida e, ao mesmo tempoa, Bush Doctors no Campo da Leña. Neste último concerto, as persoas usuarios da Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (Acopros) poderán probar dúas mochilas vibratorias para gozar do reggae da banda galega.

Porén, os pratos fortes serán pola noite, con Baiuca no Parque de Santa Margarida (20 horas) e o rock de Mujeres na Praza de María Pita (20 horas), que darán paso aos populares Marlango. 
 

Comentarios