“Música no Claustro” conmemora en Tui a súa décima edición “tocando madeira”

O festival “Música no Claustro” celebra a súa décima edición dos días 6 ao 10 con concertos, exposicións e actividades paralelas. 

Claustro de Tui
photo_camera Claustro de Tui

Serán sete concertos e tres exposicións ademais de numerosas actividades paralelas as que dos días 6 a 10 ofrecerá o festival “Música no Claustro”, dirixido polo guitarrista Samuel Diz,, que chega a súa décima edición. 

A catedral ábrese para a música con encontros como o do fundador de Berrogüetto, Anxo Pintos e Ramón Corral nunha homenaxe ao mestre de música tradicional Antón Corral. Espazo estelar no programa ten tamén a intervención de Fernando Buide, protagonista dun concerto ao abeiro de órgano ao abeiro da lúa chea de media noite -como prometen desde a organización- en memoria de Frei Rosendo Salvado. 

O obradoiro de ourivería con Susi Gesto e visitas nocturnas polo conxunto da catedral ademais das mostras “12 sapos para 12 mulleres” de Susi Gesto, “Instantes de música no claustro” de José Luis Luque e “Constelación de doce mulleres” de Victoria Vinader compoñen o programa de “Música no Claustro”. 

Tocar madeira

O festival “toca madeira” neste décimo aniversario e, para iso, os instrumentos de vento madeira, corda pulsada e o órgano , do que se conmemora os 300 anos de existencia, teñen un especial protagonismo. “Séculos tocando madeira” é tamén o título da mesa profesional que se desenvolverá a quinta feira día 8 na que participarán representantes da  Asociación de deseñadores gráficos e industriais de Galicia (DAG), do Colexio oficial de decoradores e deseñadores de interior de Galicia (CODDIG), e da empresa de madeira, FINSA.

As visitas guiadas pola catedral, con subida aos tellados no remate de cada concerto, serán guiadas polo historiador tudense Suso Vila que reparará nesta edición de maneira singular na madeira do templo, en especial, a Matraca, instrumento do século XVIII recén recuperado. 

Comentarios