A música improvisada síntese en Vigo

Un ensemble de 11 improvisadores farán sentir a súa música o domingo 26 no Marco de Vigo, coa dirección do compositor e guitarrista Pablo Rega. A música improvisada dá un paso adiante na cidade. 

Pablo Rega
photo_camera Pablo Rega

Desde hai meses, a través das Sesións H.A.L.O, o colectivo de improvisadores de Vigo están a construír unha escena musical underground na cidade que ten os seus eixos de actuación na improvisación libre, a intuición e a conciencia ado presente. Esta experiencia dá un paso adiante o domingo 26 cun concerto especial en sesión vermú que terá lugar no Museo de Arte Contemporánea, (MARCO), na rúa Príncipe da Cidade. 

Co título de 700 fíos a experiencia xuntará 11 improvisadores baixo a dirección do guitarrista e improvisador Pablo Rega á maneira dunha pequena orquestra de cámara que anuncian como “música espontánea dirixida, coas posibilidades sonoras mais crúas e humanas, o corpo e o instrumento coma un só elemento, nun espazo neutro e nobre”. 

En 700 fíos xúntanse músicos procedentes da Orquestra de Música Espontánea de Galiza (OmeGa), SuelenEstarQuartet, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky, Tripo, Trilitrate, Spil, 2uS e Orquesta Vigo 430. O director, Pablo Rega, é un dos fundadores da OmeGa ademais dun dos seus principais directores. O seu nome está recoñecido como unha das figuras privilexiadas da escena da improvisación libre na península. Rega estivo tamén á fronte da Banda de Improvisación de Barcelona e participou no 10º Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”. 

Comentarios