Da Terra Meiga

Música en galego desde Nuevo México

O grupo Da Terra Meiga inicia o 'Galician Mini Tour' esta quinta feira 9 de xaneiro na Coruña. Veñen de Nuevo México, mais cantan en galego. Queres saber por que?
Laura G. Cruz e Rubén Cortiñas Ares
photo_camera Laura G. Cruz e Rubén Cortiñas Ares

O grupo norteamericano Da Terra Meiga emprende o "Galician Mini Tour", con paradas no Café Cultural Auriense (Ourense) a quinta 9 de xaneiro, na sala Filomatic (Coruña) a sexta 10 e no Patio da Tola, na aldea de Vieiros (O Courel) o sábado 11.

Malia viren de Nuevo México, ademais de en inglés, cantan en galego. A razón é sinxela: a emigración. A vocalista, Laura G. Cruz, e o guitarrista, Rubén Cortiñas Ares, son da Coruña, aínda que levan tempo en Alburquerque. "Estarmos lonxe da casa, a morriña, fixo espertar o noso interese na música galega", conta Cortiñas.

Para alén dos galegos, a banda conta con membros de Nuevo México e Nueva Jersey. Da Terra Meiga emprende esta primeira xira fóra dos Estados Unidos de América na Galiza porque querían que os demais "se enchoupasen da nosa cultura", explica Cortiñas.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios