Música en galego a esgalla polas rúas de Pontevedra da man do Galegote Rock

Será do 25 ao 28 de abril e actuarán unha ducia de grupos e bandas de diferentes estilos, desde trap a punk, pasando polo indie, o pop, ou os sons sixties.

boyanka kostova trap
photo_camera Boyanka Kostova será unha das citas nesta edición.

A música en galego pasa por un momento de saúde envexábel. Embora  a perda de falantes e o retroceso do uso nas franxas máis novas da poboación, a vitalidade da música no noso idioma actualmente non está en dúbida. E non falamos de música tradicional ou cantautores. Cántase en galego en máis estilos ca nunca e hai todo un fervello de grupos e bandas a apostar na língua propia de Galiza como a súa.

Esta vitalidade vai poder ser partillada en Pontevedra da man do Galegote Rock, que vai decorrer entre o 25 e o 28 (maratón) de abril. Salas de música mais principalmente prazas e rúas van ser os escenarios onde poder gozar da ampla oferta desta edición.

Abrirá fogo o dúo Voodoo o día 25, tomando o relevo o trap de Boyanka Kostova o 26 de abril e os inclasificábeis Monoulios Dop o día seguinte, o 27.

O día grande vai ser o 28. Esa xornada toda Pontevedra vai sonar a música en galego. É a quenda de Son da Rúa, Cinta adhesiva, Espiño, Esposa, Ataque Escampe, The Lelly Kelly´s, Os Amigos dos Músicos e Dakidarría. E non faltarán DJs para poñer o ramo.

Ademais, haberá obradoiro de graffittis (coa temática xirando en torno á homenaxeada no Día das letras Galegas, María VictoriaMoreno).  

Comentarios