54 finalistas na sexta edición dos premios Martín Códax da música

A música galega no escaparate

Proxectos consolidados e prometedores debutantes, artesáns da melodía e investigadores sen domesticar, veteranos de mil batallas e aquelas que se estrean, metaleiros e tradis, corais e funk soul, Los Satélites e Bala, Tanxugueiras e Nación Quilombo. Os 54 finalistas da sexta edición dos premios ofrecen unha ampla panorámica da música galega aquí e agora.
 

finalistas 6PMCM
photo_camera Fotografía de grupo das persoas finalistas dos premios.

As e os elixidos que optarán ás 17 categorías dos galardóns fórono despois de que as socias e socios de Músicas ao Vivo votasen algunhas das 441 opcións inscritas. “Hai moitísimos proxectos novos que entran a formar parte da gran familia de escollidos que cada ano optan aos galardóns da nosa música”, sinala a organización.

“O espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios”, expuxo a presidenta de Músicas ao Vivo Sonia Lebedynski no acto nas Bodegas Martín Códax de Cambados onde esta cuarta feira, 24 de abril, se deron a coñecer as finalistas. Canda ela estiveron o director de Agadic Jacobo Sutil, o deputado da Deputación de Pontevedra Xosé Leal, a alcaldesa de Cambados Fátima Abal e o presidente de Martín Códax Xoán Allegue.

O xurado que decidirá os premios, “integrado por profesionais da música nos ámbitos da intepretación, a industria, a formación, as salas e a comunicación”, terá á súa disposición “propostas moi aclamadas fóra de Galiza”, unha “relevante presenza feminina”, “festivais de pequeno formato” ou “espazos informativos de longa andaina”.

A gala de entrega de premios será o 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ese mesmo día, o músico de jazz e arranxista Carlos Barruso recibirá o premio honorífico Músicas ao Vivo “en homenaxe a un compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galiza”.

Velaquí as finalistas nas 17 categorías dos premios Martín Códax:

Pop / Indie:
Oh Ayatollah! / Espiño / Igloo

Rock:
Bala / Familia Caamagno / Mad Martin Trio

Músicas urbanas:
Ezetaerre/ Rebeliom do Inframundo - Ilegal / Wöyza

Clásica / Contemporánea:
Adrián Saavedra / Son Trío / Tangata & Orquestra Clásica de Vigo

Música tradicional galega e folque:
Tanxugueiras / Os d’Abaixo / Habelas Hainas

Músicas do mundo:
Marcos Teira ‘Nós’/ Oîma / Turma Caipira

Música infantil:
Xoan Curiel e a Banda do Verán / Concerto Punkinfantil / Olga Brañas

Música electrónica:
Baiuca / Cintaadhesiva / Músculo

Metal:
Raiba / Nao / Cabodano

Reggae / Ska / Mestizaxe:
García Mc & Nación Quilombo / Banda Crebinsky / The Turre’s Band

Orquestras / Grupos / Música de verbena:
Los Satélites / América de Vigo / Timparrantela

Blues / Funk / Soul:
Carmen Rey / Vudú / Carla Green & The Demons

Canción de autora:
A Banda da Loba / MJ Pérez / Su Garrido Pombo

Coros e grupos vocais:
Zoelas / Sisters in the House / Ejazz

Jazz / Músicas improvisadas:
Xacobe Martínez Antelo Trío / Xosé Miguelez – Ontology / Pablo Castaño Quartet Quartet feat. Ugia Pedreira

Festivais:
Nigranjazz / Festival de Pardiñas / Jazz de Ría

Salas:

A Arca da Noe / Sala Mardi Gras / El Contrabajo Club

Espazos de comunicación musical:
Diario Cultural-RG / Músicas Galegas Ilustradas / Lume na Palleira-RG

Comentarios