Semente Trasancos persigue a idea de crear unha escola de ensino galego seguindo o modelo da Semente xa existente en Compostela. Con esta idea preparan para o vindeiro 23 de febreiro unha grande festa colectiva na que buscan recadar fondos para sumar ao proxecto cun programa que se iniciará cun xantar de entroido -laconada e sobremesas tradicionais- no centro do colectivo Terra, promotor tamén das actividades.
Para a cativada preparan tamén unha proposta de actividades que ten como prato forte o concerto de Uxía co seu “Rosalía Pequeniña”, xusto nos días das conmemoracións do aniversario de nacemento da poeta. Será no Centro de Maiores de Pontedeume.