Música e festa en Pontedeume para que prenda a Semente Trasancos

Semente de Trasancos organiza o próximo 23 de febreiro unha xornada festiva co fin de recadar fondos para a creación dunha escola de ensino galego. Xantar de Entroido, festa para cativada e concerto de Uxía con “Rosalía pequeniña”. 

Rosalía Pequeniña
photo_camera Rosalía Pequeniña

Semente Trasancos persigue a idea de crear unha escola de ensino galego seguindo o modelo da Semente xa existente en Compostela. Con esta idea preparan para o vindeiro 23 de febreiro unha grande festa colectiva na que buscan recadar fondos para sumar ao proxecto cun programa que se iniciará cun xantar de entroido -laconada e sobremesas tradicionais- no centro do colectivo Terra, promotor tamén das actividades. 

Para a cativada preparan tamén unha proposta de actividades que ten como prato forte o concerto de Uxía co seu “Rosalía Pequeniña”, xusto nos días das conmemoracións do aniversario de nacemento da poeta. Será no Centro de Maiores de Pontedeume. 

Comentarios