Que facer?

Música a esgalla nunha fin de semana para non durmir

photo_camera Revenidas. Vilaxoán de Arousa

Revenidas. 18 a 20 de agosto. Vilaxoán de Arousa.

Un cartaz de luxo para o que é un dos festivais do verán (e do ano) en Galiza. Esne Beltaz, Dakidarría, La Pegatina, Riot Propaganda, Terbutalina, Bohemian Betyars, DE Vacas...

Festival Irmandiño. 18 a 20 de agosto. Moeche

Tres noites de festa nun dos máis veteranos festivais galegos. E importantes bandas como Xabier Díaz e as Adufeiras ou Luar na Lubre, entre outras.

Rock in Cambre. 18 a 20 de agosto. Cambre.

Unha aposta pola contundencia: Nao, Diplomáticos, Agoraphobia, Ruxe-Ruxe, el Drogas e Konflikto, entre outros.

Noite Folk. 18 e 19 de agosto. Negreira

Máis sons tradicionais con Uxía, Treixadura, Tiruleque e Lulavai. En dúas localizacións fermosas: Pontemaceira e o Refuxio de Covas.

V de Valarés. 18 e 19 de agosto. Ponteceso

Este festival aposta polo indie estatal, con bandas como Love of Lesbian, Los Planetas ou La Habitación Roja. Do país, Terbutalina e Os Amigos dos Músicos.

Jazz da Ría. Ferrol / Mugardos. 19 e 20 de agosto

Programa compartido entre Ferrol e Mugardos con formacións de jazz galegas, desde Sumrrá a Ejazz, Alberto Vilas Quartet ou Pablo Seoane e J.M. Díaz.

Festa folk na fin do camiño. 19 de agosto. Fisterra

Xornada de festa ‘folqui’ en Fisterra con Budiño, Mercedes Peón, Os d’Abaixo e a Compañía do Ruído, entre outros.

Noite para Angus. 20 de agosto. Compostela

Noite de folk galego-escocés con Shooglenifty, Banda das Crechas e Tanxugueiras. Dedicada a Angus R. Grant, líder falecido dos escoceses.

Comentarios