A música e o baile tradicional piden medidas específicas fronte á crise da COVID-19

300 entidades, que representan máis de 20.000 persoas, únense nunha fronte común co obxectivo de "saír desta crise".

Obradoio de baile tradicional
de Ardelloeixo na Coruña.
photo_camera Obradoiro de baile tradicional de Ardelloeixo na Coruña.

A situación de illamento social e inestabilidade económica provocada pola pandemia da COVID-19 está tendo como consecuencia unha gran crise no ámbito da cultura do noso país.  Son  varias  as  medidas  que  están  a  xurdir,  pero desde a música e o baile tradicional queren manifestar e achegar “algunhas máis” que  reflictan  as particularidades do sector, e demandan das administracións que “contemplen” a súa situación.

“A música e o baile da nosa tradición, dinamizada a través das Asociacións Culturais, representa un motor indispensable sen o cal o sector profesionalizado da cultura sería moito menor”, explican os colectivos que apoian estas medidas, que agrupan a máis de 20.000 asociadas, compoñentes, traballadoras e alumnas que pertencen ou desenvolven o seu traballo en asociacións ou colectivos, que ofertan innumerábeis actividades como clases, concertos, espectáculos, festivais, foliadas,  seráns,  feiras  de  artesáns,  etc.,

“Queremos facer fincapé en que a paralización da actividade  está a supoñer importantes perdas na actividade económica, que dificilmente poderá recuperar a súa normalidade sen a axuda da administración e de toda a sociedade galega”, explican.

As actividades mencionadas non se contemplan no Plan de Reactivación para os Sectores Cultural e Turístico proposto pola Xunta. Por este motivo, solicitan o compromiso de axuda e colaboración  tanto  da  Xunta ,  como  das  Deputacións  e  dos  concellos.

Comentarios