Música, baile e festa na xuntanza que conmemora 25 anos da Asociación de Gaiteiros

O “Xantar Gaiteiro” que chega a súa XIX edición organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos ten, nesta ocasión, un motivo de festa especial xa que a entidade conmemora os seus 25 anos. A cita será o 23 nas Pontes.

Detalle do cartaz do Xantar
photo_camera Detalle do cartaz do Xantar

O concello das Pontes é o lugar escollido pola Asociación de Gaiteiros Galegos para conmemorar o seu XIX “Xantar Galego” que, neste ano, coincide co 25 aniversario da creación da entidade, que naceu co obxectivo de “normalizar a presenza do noso baile, os nosos cantos e a nosa música tradicional na sociedade”.

As rúas das Pontes encheranse de música nunha xornada festeira na que a Asociación convida a todas as persoas asociadas e amantes da cultura tradicional e gozar do canto, baile e a música alén dun xantar con ementa tradicional de cocido e sobremesas. A xornada, que xa está institucionalidada na axenda da Asociación, desenvólvese cada ano nunha cidade ou vila distinta, sendo a das Pontes a localidade na que o próximo 23 se realizará o día de festa tradicional.

Un dos obxectivos da Asociación de Gaiteiros Galegos é que “os sons dos nosos instrumentos sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida”. A xornada de convívio supón, para a entidade, a xuntanza de persoas que desde distintos lugares do país “traballan co obxectivo común de espallar e conservar o baile e a música tradicional”.

No programa inclúense pasabares, exposicións, charlas e moita música e baile.  

 

 

 

 

 

Comentarios